domingo, 4 de mayo de 2014

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Estimadas familias:

O próximo 17 de Maio é o Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea ó poeta Xosé María Díaz Castro.
Como xa é habitual na Escola dedicaremos toda a semana a facer actividades relacionadas un pouquiño con este día: algunhas das actividades que se levarán a cabo son as seguintes:

  • Contacontos de contos populares en galego ou de poesías.
  • Observación, experimentación e manipulación de instrumentos típicos galegos: pandeiretas, bombo, pandeiro, gaita, cunchas…
  • Pintaremos un mural dedicado o poeta Xosé María Díaz Castro que expoñeremos na entrada da escola.
  • Para o propio día, Gran Foliada! : visitarannos un grupo de pandereteiras que harmonizarán o ambiente da escola coas súas cantigas.

Encantaríanos que poidades participar con nós no desenrolo das actividades, non solo os pais, senón os avós ou diversos familiares, por exemplo contando un conto, traendo algún instrumento que toquedes a Escola e ensinándollo os cativos, tocando algún instrumento no día da Foliada ou simplemente vir vestidos a escola con traxe rexional para que o vexan os pequenos…podedes colaborar de mil maneiras e facer que os nenos disfruten das actividades en familia recordando as nosas raíces, así que, se decidides colaborar falade coa educadora da vosa aula e ela vos axudará.


Animádevos a Colaborar!!!!!



AS NOSAS NOVAS!! FORA CUEIROS!!

Tendo presente as dudas e inquedanzas que recollemos nos buzóns de aula de cómo levar a cabo o  momento de quitar o cueiro o noso pequeno e vendo que xa vai chegando o bo tempo e que cada vez os nosos cativos son moito máis autónomos, dende a Escola creemos correcto facer unha entrada no noso blogue sobre unhas pequenas pautas que vos poden axudar a levar a cabo de maneira máis fácil e natural o proceso de Control de Esfínteres nas crianzas.

Aínda que moita xente pense que a idade ideal para retirar o cueiro os cativos son a partir dous 2 anos a nosa propia experiencia nos di e afirma que isto non ten porque ser así. Cada neno ten o seu propio ritmo de aprendizaxe e desenvolvemento e deberemos dar este paso cando vexamos que o noso pequeno está preparado para elo, e é o suficientemente autónomo e maduro.

Como  podemos saber se o neno está preparado?
Pois ben e crucial que o neno se poida comunicar perfectamente con nós, que saiba pedir pis ou caca e que sexa consciente de que ten ganas de realizalos.
Algunhas ideas que nos indican de que o neno é consciente de isto e cando comecemos a observar que nos cambios de cueiro o mesmo cueiro esta case seco isto nos indica que o neno vai madurando progresivamente e que reten moito máis as súas evacuacións, se vemos que o neno se dirixe a nos e nos di a típica frase: - Teño caca!, ou se pide que o cambien cando se sinte mollado ou manchado ou séntese incomodo co cueiro ou quere sacalo.

 Isto é positivo porque xa se está dando conta das evacuacións cousa que nós podemos aproveitar para comezar a sentalo no baño de vez en cando para ver como reacciona.

Como levar a cabo o proceso?
Isto é un proceso que conleva moita paciencia e do cal non se obteñen resultados inmediatos, senón que o neno pouco a pouco irá respondendo o resultado esperado. Primeiro controlará o pis, despois a caca, e despois poderemos intentar quitar o cueiro nas sestas e de noite.
Para isto é importante que non lle quitemos o cueiro de golpe, o neno necesita establecer un contacto co baño, ou co peneiro velo como algo natural e comezar pouco a pouco, primeiro con visitas puntuais de vez, por exemplo: despois das comidas cando sabemos que vai facer caca, despois da sesta ou pola maña o levantarnos da cama cando sabemos que vai facer pis, para animalo e motivalo a facer as súas evacuacións no baño. Mostrarémonos  moi ledos e con gran satisfacción cando o nenos faga pis ou caca no peneiro ou no váter, como se fose unha gran festa para que el non teña inquedanzas nin medos e se ten un descoido e se fai pis ou caca antes de tempo debemos de ser consciente de que é totalmente normal, e non resaltaremos os erros. 

Moito ollo:

Tendo en conta estes pequenos consellos, recordarvos que se queredes comezar con este proceso e crucial que vos poñades en contacto coas educadoras do voso fillo para comezar a levar a cabo esta nova andadura tanto na escola coma na casa xa que é un traballo que debe levarse en colaboración (pais e educadores) elas estarán dispostas a resolvervos calquera duda e tratar o tema de maneira máis individual con vós.

REUNIÓN TRIMESTRAL

Prezadas familias;

O curso xa vai acabando e como é sabido acercase un gran acontecemento que suscita moita ilusión nos cativos e moitas inquedanzas nas familias, referimos a actividade extraescolar da excursión de fin de curso.
O Equipo educativo da Escola Infantil quere poñerse en contacto con vós para convidarvos a unha reunión que será dirixida pola directora do centro contando con todo persoal educativo que terá lugar na aula de recursos múltiples da escola as 20:00 horas o próximo venres e que durará aproximadamente unha hora, onde trataremos aspectos relacionados coa excursión de fin de curso como os seguintes:

  • Ideas sobre as visitas educativas e os diferentes itinerarios así coma as actividades a desenvolver nese día.
  • Data e hora de saída e de recollida.
  • Aportacións e colaboración tanto por parte das familias na actividade como por parte da AMPA.
  • Rogos e preguntas.

Rogámosvos  a vosa asistencia xa que son temas moi importantes a tratar que garanten o bo funcionamento, trato e servizo deste centro educativo.

Grazas de antemán e un cordial saúdo.

O equipo educativo

Quenes somos



A Escola Infantil Bichiños nace en Rianxo no ano 2007 co obxectivo do coidado tanto educativo como asistencial dos cativos de entre 0 e 3 anos.
Esta escola ten como principio o desenvolvemento integral das crianzas tanto a nivel físico, como social, intelectual, afectivo ou moral, respetando os ritmos de aprendizaxe de cada neno así como as súas características propias para poder satisfacer de maneira correcta as súas necesidades.
A escola da cabida a seis unidades de traballo que dividen da seguinte maneira:
2 unidades de 0-1
2 unidades de 1-2
2 unidades de 2-3.
Para dar resposta a esta demanda educativa o centro presenta unha amplo equipo educativo que consta de 13 profesionais incorporando a súas aulas a modalidade de parella educativa, de maneira que en cada aula haberá dúas persoas que atendan a todas e cada unha das necesidades das crianzas.


En canto as instalacións dicir que cumpre con todos os requisitos mínimos que así marca a lei destacando entre as súas dependencias: recepción, despacho de dirección e atención as familias, 6 aulas deseñadas para as idades oportunas coas súas zonas de hixiene e descanso, áreas de xogos con diferentes zonas en función de las idades dos pequenos, é dicir espazos divididos entre 0-1, 1-2 e 2-3., comedor, aula de recursos múltiples, sala de reunións, aseos para os nenos , adultos e minusválidos , patio exterior e un área destinada aos pais.