Estimadas
familias:
O próximo 17 de Maio é o Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea ó poeta Xosé María Díaz Castro.
O próximo 17 de Maio é o Día das Letras Galegas, que este ano homenaxea ó poeta Xosé María Díaz Castro.
Como
xa é habitual na Escola dedicaremos toda a semana a facer actividades
relacionadas un pouquiño con este día: algunhas das actividades que se levarán
a cabo son as seguintes:
- Contacontos de contos
populares en galego ou de poesías.
- Observación,
experimentación e manipulación de instrumentos típicos galegos:
pandeiretas, bombo, pandeiro, gaita, cunchas…
- Pintaremos un mural dedicado
o poeta Xosé María Díaz Castro que expoñeremos na entrada da escola.
- Para o propio día, Gran
Foliada! : visitarannos un grupo de pandereteiras que harmonizarán o
ambiente da escola coas súas cantigas.
Encantaríanos
que poidades participar con nós no desenrolo das actividades, non solo os pais,
senón os avós ou diversos familiares, por exemplo contando un conto, traendo
algún instrumento que toquedes a Escola e ensinándollo os cativos, tocando
algún instrumento no día da Foliada ou simplemente vir vestidos a escola con traxe
rexional para que o vexan os pequenos…podedes colaborar de mil maneiras e facer
que os nenos disfruten das actividades en familia recordando as nosas raíces,
así que, se decidides colaborar falade coa educadora da vosa aula e ela vos
axudará.
Animádevos
a Colaborar!!!!!


No hay comentarios:
Publicar un comentario