A Escola Infantil Bichiños nace en Rianxo no ano 2007 co
obxectivo do coidado tanto educativo como asistencial dos cativos de entre 0 e
3 anos.
Esta escola ten como principio o desenvolvemento integral
das crianzas tanto a nivel físico, como social, intelectual, afectivo ou moral,
respetando os ritmos de aprendizaxe de cada neno así como as súas
características propias para poder satisfacer de maneira correcta as súas
necesidades.
A escola da cabida a seis unidades de traballo que
dividen da seguinte maneira:
2 unidades de 0-1
2 unidades de 1-2
2 unidades de 2-3.
Para dar resposta a esta demanda educativa o centro
presenta unha amplo equipo educativo que consta de 13 profesionais incorporando
a súas aulas a modalidade de parella educativa, de maneira que en cada aula
haberá dúas persoas que atendan a todas e cada unha das necesidades das crianzas.
En canto as instalacións dicir que cumpre con todos os
requisitos mínimos que así marca a lei destacando entre as súas dependencias:
recepción, despacho de dirección e atención as familias, 6 aulas deseñadas para
as idades oportunas coas súas zonas de hixiene e descanso, áreas de xogos con
diferentes zonas en función de las idades dos pequenos, é dicir espazos
divididos entre 0-1, 1-2 e 2-3., comedor, aula de recursos múltiples, sala de
reunións, aseos para os nenos , adultos e minusválidos , patio exterior e un
área destinada aos pais.

No hay comentarios:
Publicar un comentario